Saltar ao contido

Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa



Nome curtoOSCE, OSCE, ОБСЕ, OSZE, OSCE, OSCE, OSCE, OBWE, ОБСЄ, AGİT, OVSE, OSCE, OESS, ОЕБС, OEBS, АИХО, ETYJ, 欧安组织, 歐安組織, ESBO, EDSO, ОБСЕ, ЕАБХАБ, EBESZ, ԵԱՀԿ, ЕККУ, OSCE, OBSE, OESS, ΟΑΣΕ, OSKE, ЕҚЫҰ, EQIU, ەقىۇ, ეუთო, ÖSE, OSCE, אבש״א, OTSE, OSSE, OSCE, OSBE, OSSE, OSCE, YXHT, ЙХҲТ, ОБСЕ, OBSE, OVSE, ეუწო, ESLA, АБСЕ, ОССЕ, OVSE, OSCE, ATƏT e OSCE Editar o valor en Wikidata
Tipoorganización intergobernamental Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua rusa, lingua francesa, lingua alemá, lingua inglesa, lingua italiana e lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Cargo dirixenteChairperson-in-Office of the Organization for Security and Co-operation in Europe (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director/aHelga Schmid 2020
Ivica Dačić (pt) Traducir 1 de xaneiro de 2015
Didier Burkhalter 1 de xaneiro de 2014 - 31 de decembro de 2014
Leonid Kožara (en) Traducir 1 de xaneiro de 2013 - 31 de decembro de 2013
Eamon Gilmore (pt) Traducir 1 de xaneiro de 2012
Audronius Ažubalis 1 de xaneiro de 2011 - 31 de decembro de 2011
Lamberto Zannier 2011 - 2017
Kanat Saudabayev (en) Traducir 1 de xaneiro de 2010 - 31 de decembro de 2010
Georgios Papandreu 6 de outubro de 2009 - 31 de decembro de 2009
Ντόρα Μπακογιάννη 1 de xaneiro de 2009 - 5 de outubro de 2009
Alexander Stubb 5 de abril de 2008 - 31 de decembro de 2008
Ilkka Kanerva 1 de xaneiro de 2008 - 4 de abril de 2008
Miguel Ángel Moratinos 1 de xaneiro de 2007 - 31 de decembro de 2007
Karel De Gucht 1 de xaneiro de 2006 - 31 de decembro de 2006
Marc Perrin de Brichambaut 2005 - 2011
Dimitrij Rupel (en) Traducir 1 de xaneiro de 2005 - 31 de decembro de 2005
Solomon Passy (en) Traducir 1 de xaneiro de 2004 - 31 de decembro de 2004
Ben Bot 3 de decembro de 2003 - 31 de decembro de 2003
Jaap de Hoop Scheffer 1 de xaneiro de 2003 - 3 de decembro de 2003
António Martins da Cruz (pt) Traducir 6 de abril de 2002 - 31 de decembro de 2002
Jaime Gama 1 de xaneiro de 2002 - 6 de abril de 2002
Mircea Geoană 1 de xaneiro de 2001 - 31 de decembro de 2001
Benita Ferrero-Waldner 5 de febreiro de 2000 - 31 de decembro de 2000
Wolfgang Schüssel 1 de xaneiro de 2000 - 4 de febreiro de 2000
Knut Vollebæk (en) Traducir 1 de xaneiro de 1999 - 31 de decembro de 1999
Ján Kubiš 1999 - 2005
Bronisław Geremek 1 de xaneiro de 1998 - 31 de decembro de 1998
Niels Helveg Petersen 1 de xaneiro de 1997 - 31 de decembro de 1997
Giancarlo Aragona (pt) Traducir 1996 - 1999
Flavio Cotti 1 de xaneiro de 1996 - 31 de decembro de 1996
László Kovács 1 de xaneiro de 1995 - 31 de decembro de 1995
Antonio Martino 12 de maio de 1994 - 31 de decembro de 1994
Beniamino Andreatta 1 de xaneiro de 1994 - 11 de maio de 1994
Margaretha af Ugglas 1 de xaneiro de 1993 - 31 de decembro de 1993
Wilhelm Höynck (pt) Traducir 1993 - 1996
Jozef Moravčík 3 de xullo de 1992 - 31 de decembro de 1992
Jiří Dienstbier 1 de xaneiro de 1992 - 2 de xullo de 1992
Hans-Dietrich Genscher xuño de 1991 - 1991 Editar o valor en Wikidata
Entidades
Precedido porActa de Helsinqui Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1975 Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata
PaísAustria Editar o valor en Wikidata
SedeViena Editar o valor en Wikidata
Premios
Composto por
Contacto
Páxina WEBosce.org Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: osce.org Twitter: OSCE Instagram: osceorg LinkedIn: osce Youtube: UCubFTvPe-ScfgiM6Zmtp5vg Flickr: 42351663@N05 BNE: XX130240 Souncloud: osce Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Países membros da OSCE

A Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE), ten a súa orixe na CSCE (Conferencia sobre a Seguridade e a Cooperación en Europa), celebrada en Helsinqui en 1975, e está conformada actualmente por cincuenta e seis Estados participantes, todos eles países de Europa (incluíndo a Federación Rusa e tódolos países da Unión Europea), Asia Central e América do Norte (Canadá e Estados Unidos). Está recoñecida como organismo rexional conforme o Capítulo VIII da Carta das Nacións Unidas. A Presidencia en Exercicio actual (2008) é exercida por Finlandia.

Institucións da OSCE

[editar | editar a fonte]

As institucións da OSCE son:

  • o Cumio de Xefes de Estado e Goberno (cuxa periodicidade é discrecional);
  • o Consello Ministerial (que reúne unha vez ao ano aos Ministros de Asuntos Exteriores dos Estados participantes no país que exerce a Presidencia en Exercicio);
  • o Consello Permanente (que reúne semanalmente aos Embaixadores Representantes Permanentes dos Estados participantes en Viena e é o principal órgano decisorio e de consulta política da OSCE);
  • a Asemblea Parlamentaria (integrada por máis de 300 parlamentarios de todos os Estados participantes da OSCE, e cuxo principal período anual de sesións ten lugar no mes de xullo);
  • o Foro de Cooperación en materia de Seguridade (que se ocupa do control de armamentos e das medidas destinadas a fomentar a confianza e a seguridade);
  • A Presidencia da OSCE, exercida anualmente por un país membro. Da cal dependen directamente:
    • o Representante Especial da Presidencia en Exercicio para a Loita contra Trátaa de Persoas (Tráfico de Seres Humanos);
    • o Representante Persoal para o Conflito relacionado coa Conferencia de Minsk;
    • o Representante para a Liberdade dos Medios de Comunicación;
    • o Alto Comisionado para as Minorías Nacionais; e
    • a Oficina para as Institucións Democráticas e os Dereitos Humanos.
  • o Secretario Xeral da OSCE (cargo que actualmente exerce o diplomático francés, Marc Perrin de Brichambaut). Do Secretariado dependen as seguintes unidades: Unidade de Acción contra o Terrorismo (UAT); o Centro de Prevención de Conflitos (CPC); Cooperación Exterior; Oficina do Coordinador para as Actividades Económicas e Ambientais da OSCE; Unidade para Asuntos Estratéxicos de Policía; e unha Sección de Formación.

Así mesmo, hai que ter en conta que os Estados participantes poden acudir á Corte de Conciliación e Arbitraxe da OSCE.

Actividades da OSCE

[editar | editar a fonte]

A OSCE desenvolve as súas actividades e adopta as súas decisións pola regra do consenso. As súas obrigacións e compromisos son de carácter político. Ambos os trazos confiren a esta Organización o seu carácter específico, ao tratarse da Organización de carácter rexional máis importante despois das Nacións Unidas. As súas relacións coas outras organizacións e institucións internacionais desenvólvense sobre a base do espírito de cooperación e coordinación tratando de non duplicar os labores respectivos. As organizacións coas que a OSCE mantén relacións de cooperación son, principalmente, a ONU e os seus organismos vinculados, a Unión Europea, a OTAN, a CEI, e o Consello de Europa.

Doutra banda, dentro da OSCE encádranse os países Socios para a Cooperación (Afganistán, Xapón, República de Corea e Tailandia), así como os Socios Mediterráneos para a Cooperación (Alxeria, Exipto, Israel, Xordania, Marrocos e Tunisia).

A OSCE ocúpase dunha rede de misións sobre o terreo, repartidas polo seu espazo xeográfico, que teñen como misión facilitar a resolución dos conflitos existentes ou pendentes de solución nos que ven implicados algúns Estados participantes. As misións da OSCE repártense dentro do Sueste de Europa (Kosovo, Bosnia e Hercegovina, Croacia, Serbia, Albania e Macedonia do Norte); Europa do Leste (Moldova, Belarús, Ucraína); Cáucaso (Xeorxia, Azerbaidján, Armenia); e Asia Central (Kazakhstán, Turkmenistán, Kirguizistán, Tadjiikistán, Uzbekistán).

Os debates e as deliberacións destinadas á adopción de decisións teñen por obxecto mellorar, crear e facer un seguimento do acervo político da OSCE no seu tres dimensións: dimensión político-militar; dimensión humana; e dimensión económica e ambiental. Este tres dimensións responden o enfoque amplo que a OSCE outorga á seguridade, definíndose como instrumento primario de alerta temperá, prevención de conflitos, xestión de crise e rehabilitación pos-conflito na súa zona. Así mesmo, os cincuenta e seis estados participantes gozan de igual rango sobre a base dun enfoque cooperativo no desenvolvemento das súas funcións como organización rexional para a seguridade e a cooperación en todo o seu espazo xeográfico.

Países membros da OSCE

[editar | editar a fonte]

Actualmente son cincuenta e seis, todos do hemisferio norte. A OSCE creouse o 25 de xuño de 1973 con 35 países, pero non foi até o 1 de agosto de 1975 que se asinou o Acta de Helsinqui.

A lista de países por ano é a seguinte:[1]

  1. O número entre paréntese é o número de estados membros até o ano designado. En Serbia e Montenegro non rexistra aumento, xa que a República de Serbia sucedeuno na súa anterior posición diplomática; o mesmo ocorre respecto de Rusia, sucesora da a URSS nos mimos termos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]