NASA
- Este artigo trata sobre a Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo, para a arte de pesca véxase nasa.

A National Aeronautics and Space Administration (NASA, "Administración Nacional para a Aeronáutica e o Espazo") é a axencia do goberno norteamericano responsable do programa espacial dos Estados Unidos de América e a súa investigación aeroespacial xeral a longo termo. Establecida no 1958, é unha organización civil que dirixe e supervisa a investigación civil e militar nos sistemas aeroespaciais.
Visión e misión
[editar | editar a fonte]Ten por propósito mellorar a vida na Terra, estender a vida, e atopar vida máis aló. As súas misións son coñecer e protexer o planeta Terra, explorar o Universo e investigar a vida extraterrestre, e inspirar a seguinte xeración de exploradores.
Historia
[editar | editar a fonte]Carreira espacial
[editar | editar a fonte]
Seguindo o programa espacial soviético, que lanzou ao espazo o primeiro satélite feito polo ser humano (Sputnik 1) o 4 de outubro de 1957, a atención dos Estados Unidos dirixiuse cara aos seus propios esforzos espaciais. O Congreso, alarmado pola perda de liderado percibido como unha falta de seguridade, urxiu unha acción forte e rápida. O Presidente Dwight D. Eisenhower e os seus conselleiros tomaron medidas máis precisas. Varios meses de debate concluíron co acordo de crear unha nova Axencia Federal para realizar actividades non militares no espazo.
O 29 de xullo de 1958, o Presidente Eisenhower asinou a "National Aeronautics and Space Act", establecendo a "National Aeronautics and Space Administration" (NASA). Comezou a operar o 1 de outubro de 1958, consistindo daquela en catro laboratorios e uns 8.000 empregados do goberno na axencia aeronáutica que contaba daquela 46 anos, o National Advisory Committee for Aeronautics (NACA, Comité consultor nacional para a aeronáutica).
Os primeiros programas da NASA foron de investigación para o voo tripulado, e foron levados baixo a presión da competición entre os EUA e a URSS, a 'carreira espacial' que se realizou durante a chamada guerra fría. O Programa Mercurio (Mercury Program) foi iniciado no 1958 pola NASA co fin de explorar o espazo con misións tripuladas, comezando por indagar sinxelamente se o home podía sobrevivir no espazo. O 5 de maio de 1961, o astronauta Alan Shepard foi o primeiro americano no espazo, pilotando a nave Mercury-Redstone 3 nun voo suborbital de 15 minutos. John Glenn foi o primeiro norteamericano en dar a volta á Terra o 20 de febreiro de 1962 durante o voo de 5 horas do Mercury-Atlas 6 .
Proxecto Apollo
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Proxecto Apollo.
Unha vez que o programa Mercurio probou que os voos espaciais tripulados eran posibles, lanzouse o proxecto Apollo para facer traballos no espazo e poñer o home arredor da lúa (non sobre ela). A liña operativa do programa Apolo foi radicalmente alterada polo seguinte Presidente, John F. Kennedy, quen anunciou o 25 de maio de 1961 que os Estados Unidos se propoñían "aluar un home e retornalo a salvo á Terra" para 1970. Así o programa tivo o obxectivo de levar un home á Lúa. O Programa Gemini comezou prontamente para subministrar unha nave e probar técnicas para Buzz Aldrin camiñar sobre a superficie da Lúa no Apolo 11.
Tras oito anos de misións preliminares, incluídas as primeiras perdas de astronautas co Apollo 1, o programa Apolo conseguiu o seu propósito co Apollo 11, que lanzou a Neil Armstrong e Buzz Aldrin á superficie da Lúa o 20 de xullo de 1969 e devolveunos á Terra o 24 de xullo. As primeiras palabras tras a aluaxe do Eagle foron: "É un pequeno paso para un home, pero un gran paso para a humanidade" ("That's one small step for [a] man, one giant leap for mankind.") Outros dez homes foron lanzados á Lúa ata a fin do programa Apolo en decembro de 1972.
A NASA gañou a carreira espacial, o que a deixou en certo sentido sen unha dirección concreta, ou polo menos sen a atención pública e interese, o que é necesario para ter fondos do Congreso. O desastre do Apollo 13, no que unha explosión de osíxeno danou os tres astronautas, axudou a atraer de novo a atención, mais aínda que foron planeadas misións ata a Apollo 20 e máis, a Apollo 17 foi a derradeira da serie. Cortes orzamentarios (en parte a causa da guerra de Vietnam) planearon sobre o fin do programa, e contribuíron a crear a necesidade dun vehículo reusable.
Continuación
[editar | editar a fonte]O proxecto Apollo non tivo continuación durante moito tempo. No 2019 a NASA estaba na procura de socios para o desenvolvemento de vehículos lunares reusables para usar a partir do 2024, coa vista na volta de persoas á Lúa no 2028.[1]
Outras misións dos primeiros tempos
[editar | editar a fonte]Aínda que a gran maioría do orzamento foi empeñado nos voos tripulados, houbo neste tempo moitas misións sen tripulación. En 1962 lanzouse a Mariner 2, primeira nave en sulcar os ceos doutro planeta; neste caso Venus. Despois, as dúas Viking aterraron en Marte e enviaron imaxes en cor. Mais pode que o máis impresionante fose o programa Pioneer e particularmente o programa Voyager, misións que visitaron Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno e enviaron datos científicos e imaxes a cor de todos eles.
Asemade, neste período cambiou a visión entre os programas espaciais americano e da Unión Soviética. O 17 de xullo de 1975 un propulsor Apolo (que atopou así un novo uso tras a cancelación do Apollo 18) foi preparado para o Soiuz 19. Este foi un punto de inflexión histórica en plena guerra fría, marcando unha era de cooperación internacional nova. A primeira estación espacial americana, Skylab, ocupou a actividade principal da NASA ata o final dos 70.
A Era Shuttle (Lanzadeiras Espaciais)
[editar | editar a fonte]
A Transbordador espacial foi o proxecto estelar da NASA no final dos 1970 e os 1980. Planeadas para ser lanzadas con frecuencia e reusábeis na súa meirande parte, construíronse catro lanzadeiras cara 1985. A primeira, Transbordador espacial Columbia, foino o 12 de abril de 1981.
As lanzadeiras non representaron un éxito tan rotundo para a NASA: os voos foron moito máis caros do previsto ao inicio e aínda tras o desastre de 1986 do Transbordador espacial Challenger, que amosou os riscos dos voos espaciais, o público perdeu de novo interese, tomando as misións un carácter ordinario.
A pesar diso, as lanzadeiras foron usadas para lanzar proxectos clave como o Teslescopio Espacial Hubble (HST segundo as súas siglas en inglés). O HST fíxose cun orzamento relativamente pequeno de 20 000 millóns de dólares, pero continúa en operación desde 1990 e fixo as delicias dos científicos e o público. Algunhas das imaxes tomadas xa son case lenda, como as do Campo Profundo. O HST é un proxecto conxunto coa ESA, e o seu éxito abriu a vía dunha maior colaboración entre ambas.
En 1995 volveu a haber colaboración ruso-americana co comezo das misións Shuttle-Mir, e de novo houbo unha ensamblaxe entre unha nave americana e un aparello ruso. Esta cooperación non se volveu interromper ata o presente, participando ambas na Estación Espacial Internacional (ISS, siglas en inglés) xunto coa ESA e outras axencias. A notar que foron naves rusas as que mantiveron en servizo a ISS a continuación do desastre do Columbia.
Cun custo de cen mil millóns de dólares, foi dificultoso para a NASA xustificar a ISS. A poboación estaba impresionada cos detalles científicos anteriores, pero nos novos tempos prefire outro tipo de noticias sobre grandes proxectos en lugares exóticos. Ninguén quer escoitar falar da ISS como a primeira instalación humana científica no espazo[Cómpre referencia], e aínda hoxe non pode albergar a varios científicos como foi planeado, especialmente co uso da lanzadeira fóra de cuestión ata marzo de 2005. De feito, na década dos 2010, a NASA estaba incapacitada para enviar ós seus propios astronautas ó espazo, usando os Syuz rusos dende Baikonur, e tendo un contrato coa empresa privada Space X para doce misións á ISS de cara á fin da década.[2]
Durante parte dos 1990, a NASA encarou cortes anuais de orzamento debido á contención de gastos do Congreso de Washington. En resposta, o noveno administrador da axencia, Daniel S. Goldin, lanzou a campaña "máis rápido, mellor, máis barato" que permitiu á NASA continuar cunha variedade de programas a pesar dos recortes orzamentarios. O método foi criticado e reavaliado tras as perdas xemelgas do Mars Climate Orbiter e o Mars Polar Lander en 1999.
Marte e máis aló
[editar | editar a fonte]
Seguramente a misión máis publicitada nos últimos tempos foi a Mars Pathfinder[3][4], lanzada no 1997. Os xornais de todo o mundo difundiron imaxes da saída do rover Sojourner para explorar a superficie de Marte dun xeito nunca antes feito noutro planeta. Menos difundida foi a misión que abrangue dende 1997 á actualidade (2004) Mars Global Surveyor, misión de tipo orbital. Desde 2001, o orbitador Mars Odyssey procura a evidencia de auga no pasado ou presente marciano e pola actividade volcánica do planeta.
O 14 de xaneiro de 2004, dez días despois da aterraxe dos Rover Spirit e Opportunity , o Presidente George W. Bush anunciou a "Vision for Space Exploration". A humanidade retornará á Lúa cara a 2020, e sentará as bases e recursos potenciais para futuras misións. A lanzadeira espacial será retirada en 2010 e o Crew Exploration Vehicle será substituído cara ao 2014, capaces ambos de seren ensamblados á ISS e deixar a órbita terrestre. O futuro da ISS é incerto; a construción será completada, pero non se sabe máis. Os Centennial Challenges, premios tecnolóxicos para equipos non gobernamentais, foron establecidos no 2004.
Outros campos de actuación
[editar | editar a fonte]A NASA investiga noutros campos complementarios diferentes da astronáutica. No 2019 anuncia a captura das primeiras imaxes dende o aire ó aire dunha interacción en vó de onda de choque supersónica.[5]
Misións espaciais da NASA
[editar | editar a fonte]Tripuladas
[editar | editar a fonte]- Proxecto Mercury
- Proxecto Gemini
- Proxecto Apollo
- Skylab
- Space Shuttle
- Estación Espacial Internacional
- Project Constellation
Non tripuladas
[editar | editar a fonte]- Luares
- Mercúricas
- Venusinas
- Misións a Marte
- Xupiterinas
- Saturninas
- Multiplanetarias
- Pioneer 11 - Xúpiter e Saturno
- Mariner 10 - Venus e Mercurio
- Voyager 1 - Xúpiter e Saturno
- Voyager 2 - Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno
- Dawn - 4 Vesta e Ceres
- New Horizons - Xúpiter, Plutón e Cinto de Kuiper
- Misións a asteroides e cometas
- Propostas ou canceladas a planetas e asteroides
- Solares
- Observatorios para Astrofísica no espazo
- Telescopio Espacial Hubble
- Observatorio Compton de Raios Gamma
- Observatorio Chandra de raios X
- Telescopio Espacial Spitzer (anters coñecido como Space Infrared Telescope Facility, SIRTF)
- Outros observatorios espaciais
Lista de administradores da NASA
[editar | editar a fonte]- T. Keith Glennan (1958-1961)
- James E. Webb (1961-1968)
- Thomas O. Paine (1969-1970)
- James C. Fletcher (1971-1977)
- Robert A. Frosch (1977-1981)
- James M. Beggs (1981-1985)
- James C. Fletcher (1986-1989)
- Richard H. Truly (1989-1992)
- Daniel S. Goldin (1992-2001)
- Sean O'Keefe (2001–2005)
- Michael D. Griffin (2005–)
Instalacións
[editar | editar a fonte]Ademais do cuartel xeral en Washington, D.C., a NASA ten as seguintes instalacións:
- Ames Research Center, Moffett Field, California
- Dryden Flight Research Center, Edwards, California
- Glenn Research Center, Cleveland, Ohio
- Goddard Space Flight Center, Greenbelt, Maryland
- Jet Propulsion Laboratory, preto de Pasadena (California)
- Lyndon B. Johnson Space Center, Houston, Texas
- John F. Kennedy Space Center, Florida
- Langley Research Center, Hampton, Virxinia
- George C. Marshall Space Flight Center, Huntsville, Alabama
- John C. Stennis Space Center, Bay St. Louis, Mississippi
Premios e condecoracións
[editar | editar a fonte]As actuais medallas outorgadas pola NASA son as seguintes:
- Congressional Space Medal of Honor
- NASA Distinguished Public Service Medal
- NASA Distinguished Service Medal
- NASA Equal Employment Opportunity Medal
- NASA Exceptional Achievement Medal
- NASA Exceptional Administrative Achievement Medal
- NASA Exceptional Bravery Medal
- NASA Exceptional Engineering Achievement Medal
- NASA Exceptional Scientific Achievement Medal
- NASA Exceptional Service Medal
- NASA Exceptional Technological Achievement Medal
- NASA Outstanding Leadership Medal
- NASA Public Service Medal
- NASA Space Flight Medal
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jackson, Shanessa (2018-12-12). "NASA Seeks US Partners to Develop Systems to Land Astronauts on Moon". NASA. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-18.
- ↑ Rivière, Philippe (setembro 2012). "Al asalto del octavo continente". Le Monde diplomatique en español. p. 19.
- ↑ Loff, Sarah (2017-06-23). "Mars Pathfinder and Sojourner Rover". NASA. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-03-06.
- ↑ "Mars Pathfinder Home". mars.nasa.gov. Consultado o 2019-03-06.
- ↑ Conner, Monroe (2019-03-05). "NASA Captures Supersonic Shock Interaction". NASA. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2019. Consultado o 2019-03-06.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: NASA |
- Axencia Espacial Canadense
- Administración Espacial Nacional Chinesa
- ESA
- Axencia Italiana do Espazo
- Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial
- Roscosmos
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Portada da NASA
- Sitio web oficial para colaboraren nos proxectos Open Source da NASA
- Series de Publicacións NASA Arquivado 04 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
- Laboratorio de imaxes Cassini - Asombrosas imaxes dos planetas tomadas pola sonda Cassini.