Biblioteca Nacional Central de Florencia
Biblioteca Nacional Central de Florencia | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Nome curto | BNCF ![]() | |||
Tipo | biblioteca pública estadual (pt) ![]() ![]() ![]() | |||
Parte de | Italian National Libraries (en) ![]() ![]() | |||
Matriz | Ministerio de Bens e das Actividades Culturais e do Turismo ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
País | Italia | |||
Rexión | Toscana | |||
Cidades metropolitanas | Cidade metropolitana de Florencia | |||
Concello | Florencia ![]() | |||
Código postal | 50122 ![]() | |||
Enderezo | Piazza Cavalleggeri 1 - 50122 Firenze e Piazza Cavalleggeri 1, 50122 Firenze ![]() | |||
Visitas | ||||
Días abertos | luns, martes, mércores, xoves, venres e sábado ![]() | |||
Accesibilidade en cadeira de rodas | accesíbel con cadeira de rodas ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1747 ![]() | |||
Dimensións | ||||
Superficie | 39.124 m² e 2.608 m² ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Director/a | sen valor, Carla Guiducci Bonanni (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Visitantes anuais | 200.000, 55.767 e 35.658 ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben cultural de Italia | ||||
Membro de | ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | bncf.firenze.sbn.it ![]() | |||
Teléfono | +39-055-249191 ![]() | |||
Correo | mailto:[email protected] ![]() | |||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A Biblioteca Nacional Central de Florencia (en italiano Biblioteca Nazionale Centrale dei Firenze) é unha biblioteca pública nacional e unha das dúas bibliotecas centrais de Italia, xunto coa Biblioteca Nacional Central de Roma. Atópase en Florencia.
Historia
[editar | editar a fonte]A biblioteca foi fundada en 1714 cando Antonio Magliabecchi, un famoso erudito italiano, legou a súa colección completa de libros, que comprende aproximadamente 30.000 volumes, á cidade de Florencia. Dende 1743 requírese que unha copia de cada obra publicada na Toscana sexa cedida á biblioteca. Orixinalmente coñecida como a Magliabechiana, a biblioteca abriuse ao público en 1747. As súas propiedades combínanse coas da Biblioteca Palatina, en 1861, e en 1885, a biblioteca foi rebautizada como Biblioteca Nacional Central de Florencia, ou BNCF. Desde 1870, a biblioteca recolleu as copias de todas as publicacións italianas.
Desde 1935, as coleccións están aloxadas nun edificio deseñado por César Bazzaniu e Vincenzo Mazzei, situado ó longo do río Arno de Santa Cruz. Antes disto, atopábanse en varias salas da Galería dos Uffizi.O Sistema Nacional de Bibliotecas (SBN), situado no BNCF, é responsable da automatización dos servizos de biblioteca e da indexación das explotacións nacionais.
O seu fondo bibliográfico consta de máis de cinco millóns de volumes, entre manuscritos, incunables, mapas xeográficos, partituras musicais e documentos autógrafos.[1]
Lamentablemente, unha grande inundación do río Arno en 1966 danou case un terzo dos fondos da biblioteca, en especial, as súas publicacións periódicas e coleccións Magliabechi e Palatino. O Centro de Restauración estableceuse posteriormente, ó que se atribúe a recuperación de moitos obxectos de valor incalculable. Con todo, aínda queda moito traballo por facer, e algúns artigos perdéronse definitivamente.
Xoias bibliográficas
[editar | editar a fonte]- O manuscrito Sidereus Nuncius, de Galileo.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cúpula da tribuna.
-
Fachada da biblioteca en 2008
-
Manuscritos da Biblioteca sendo lavados e secados na sala de caldeiras da estación de tren de Florencia, despois da inundación de novembro de 1966.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "florencia.es". Consultado o 23 de novembro de 2012.
- ↑ «elmundo.es»
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biblioteca Nacional Central de Florencia |