Batalla de Moscova
Batalla de Moscova | |||
---|---|---|---|
Segunda guerra mundial | |||
![]() | |||
Tipo | batalla ![]() | ||
Resultado | Vitoria decisiva soviética. Fracaso da Operación Barbarossa. | ||
Coordenadas | 55°45′08″N 37°37′56″L / 55.752222222222, 37.632222222222 | ||
Localización
| |||
Data | |||
Data | 2 de outubro de 1941 - 7 de xaneiro de 1942 | ||
Comezo | 30 de setembro de 1941 ![]() | ||
Remate | 20 de abril de 1942 ![]() | ||
Participantes | |||
| |||
Composto por | |||
Composto por
| |||
[ Wikidata ] |
Batalla de Moscova é o nome dado polos historiadores soviéticos a dous períodos de combates estratexicamente significativos nun sector de 600 km da fronte oriental durante a segunda guerra mundial. Tivo lugar entre outubro de 1941 e xaneiro de 1942. Os esforzos defensivos soviéticos frustraron o ataque de Hitler a Moscova, capital da Unión Soviética e a cidade máis grande do país. Moscova foi un dos principais obxectivos militares e políticos para as forzas do Eixo na súa invasión da Unión Soviética.
A ofensiva estratéxica alemá, chamada operación Typhoon, planeouse para levar a cabo dúas ofensivas en pinza, unha dende o norte de Moscova contra a fronte de Kalinin realizada polos 3º e 4º exércitos Panzer, simultaneamente cortando o ferrocarril entre Moscova e Leningrado, e outra dende o sur do óblast de Moscova contra a fronte occidental, iniciada no sur de Tula polo 2º exército Panzer, mentres que o 4º exército avanzou directamente cara Moscova dende o oeste. Un plan operacional alemán realizado por separado, chamado Operación Wotan, foi engadido na fase final da ofensiva.
Inicialmente as forzas soviéticas levaron a cabo unha defensa estratéxica do óblast de Moscova construíndo tres cintos defensivos, e despregando novos exércitos de reserva ademais de traer tropas de Siberia e dos distritos militares de oriente. Posteriormente, cando as ofensivas alemás foron detidas, executouse unha contraofensiva estratéxica soviética e operacións ofensivas a menor escala para forzar aos exércitos xermanos a regresar ás posicións ao redor das cidades de Oryol, Vyazma e Vitebsk, case chegando a rodear a tres exércitos alemáns no proceso.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Batalla de Moscova ![]() |
![]() |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |