Primeira batalla de Ypres
Primeira batalla de Ypres | |||
---|---|---|---|
Tipo | batalla ![]() | ||
Resultado | Vitoria decisiva aliada | ||
Coordenadas | 50°51′07″N 2°53′28″L / 50.851944444444, 2.8911111111111 | ||
Localización
| |||
Data | |||
Comezo | 19 de outubro de 1914 ![]() | ||
Remate | 22 de novembro de 1914 ![]() | ||
Participantes | |||
| |||
Líderes | |||
| |||
Forzas | |||
| |||
Baixas | |||
Notas | |||
Carreira cara ao mar (setembro-outubro de 1914) Primeira batalla de Picardy – Batalla de Flirey – Batalla de Albert – Primeira batalla de Artois – Batalla de Bassée – Batalla de Messines – Batalla de Armentières – Batalla de Yser – Primeira batalla de Ypres – Primeira batalla de Champagne | |||
[ Wikidata ] |
A primeira batalla de Ypres ou primeira batalla de Flandres foi unha batalla da primeira guerra mundial acontecida entre o 19 de outubro e finais de novembro. Non se sabe que día concreto rematou. Para Francia foi o 13 de novembro, para o Imperio Británico o 22 e para o Imperio Alemán o 30. Xunto coa batalla de Yser, a batalla de Ypres marca a fin da carreira cara ao mar.
A primeira batalla de Ypres inclúe:
- a batalla de Langemarck, 21- 24 de outubro;
- a batalla de Gheluvelt,29- 31 de outubro;
- a batalla de Nonne Bosschen, 11 de novembro.
A batalla
[editar | editar a fonte]O Corpo Expedicionario Británico ao mando de John French foi destinado en outubro de 1914 á Bélxica co obxectivo de reforzar as tropas que desembarcaran eses días nas costas belgas. Dirixiuse cara a cidade belga de Ypres. Nos días anteriores tivera lugar a batalla de Yser, onde os belgas abriran as esclusas dos ríos para curtar ou polo menos frear o avance alemán. Cando as tropas do Imperio Alemán chegaron a Ypres, observaron as fortes defensas británicas. Varios foxos rodeaban a cidade, que sería bombardeada intensamente por artillaría e aviación. Os efectivos xermanos destinados aquí eran maioritariamente mozos pouco experimentados, que se alistaran en agosto co inicio da guerra. En cambio, os británicos eran soldados máis adestrados e mesmo moitos deles xa participaran nas guerras bóer en Suráfrica. As baixas alemás foron moi cuantiosas pero aínda así debilitaron as posicións británicas.
Resultados
[editar | editar a fonte]As tropas aliadas sufriron severos danos pero puideron frear a ofensiva alemá.